1 2 3 4 5
espacio
espacio

Axenda

 dic   Enero 12   feb
LMMJVSD
   1
  2  3  4  5  6  7  8
  9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031 
Julianna Willis Technology
espacio

O tempo

divisores

Outros recursos

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

divisores

Proxectos

BanerFondoGalegoCoop

divisores
divisores
 

 

 

BanerTitereneno2012

BanerCocaSimona

Novas xerais

          Domingo 29 ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira. A cargo do cuarteto Púrpura Pansa organizado polo profesor do conservatorio profesional de Alcalá de Henares e concertista internacional Antonio Felipe Belíjar. Máis info.

BanerExpoAlumnosCursosMunicip2012

 

 

 

 

Exposición "Esencias". Exposición de alumnos de debuxo e pintura do Centro Cultural e Recreativo de Redondela. Do 27 de xaneiro ao 29 de febreiro.

 

    O presidente da entidade José Juan Duran visitou o pasado mércores Redondela para presentar aos responsables políticos e representantes do sector profesional o proxecto construtivo definitivo para a lonxa de Cesantes.

O ente público e a dirección xeral de Desenvolvemento Pesqueiro colaborarán no financiamento desta dotación que virá resolver os problemas de operatividade da actual, ou alo menos iso confían na Confraría de Cesantes.

LER MAIS E ESCOITAR ESTA NOVA EN RADIO REDONDELA PICANDO AQUÃ

(Fonte: Radio Redondela - Autora: M. X. Queimaliños)

Titirineno   As compañías Títeres tres globos, Viravolta títeres e Teatro del Andamio conforman o programa do Titirineno que se vai desenvolver durante tres sábados consecutivos no Multiusos da Xunqueira ás 18:00 horas. O prezo da entrada para asistir a estas representación infantís é de 3 euros.

Non será ata maio cando se celebre unha nova edición do Festival internacional de Títeres de Redondela que tanto éxito acada entre o público de todas as idades, pero os cativos poderán gozar dos monicreques xa nas vindeiras semanas coa posta en marcha do programa Titirineno, que arranca este mesmo sábado.
Unha programación específica para nenos que se organiza dende a Concellería de Cultura e que serve de antesala ao Teatrarte que arrancará xa no vindeiro mes.
Tres compañías de recoñecido prestixio pasarán polo Multiusos os sábados 21 e 28 de xaneiro e o 4 de febreiro para amosar as súas historias onde non faltará a música, a poesía e os contos.


Sábado, 28 de Xaneiro de 2012 - 18:00 h.

Viravolta no Titirineno

A agrupación Viravolta Títeres presenta no Multiusos a obra "Cando chove e raia o sol", un espectáculo de monicreques onde non faltarán os refráns e as cancións. O sábado 28 ás 18:00 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.

 

Sábado, 4 de Febreiro de 2012 - 18:00 h.

Títeres con Teatro del andamio
A compañía teatro del andamio presenta no Multiusos o sábado 4 unha revisión dun clásico baixo o título "A verdadeira historia da Cigarra e a Formiga". Unha obra enmarcada no Titirineno que se poderá ver ás 18:00 horas a un prezo de e euros.

 

LER MAIS E ESCOITAR ESTA NOVA EN RADIO REDONDELA PICANDO AQUÃ

(Fonte: Radio Redondela - Autora: M. X. Queimaliños)

    Captar visitantes dos municipios limítrofes, atraer aos cruceiristas que chegan ao peirao vigués e incrementar o número de prazas hoteleiras son algúns dos obxectivos que se marca a Concellería de turismo de cara a incrementar o peso do sector turístico en Redondela. O goberno local estará presente este ano na Feira Internacional de Turismo (FITUR) nun acto conxunto que se desenvolverá mañá no stand do Padroado de Turismo Rías Baixas.

LER MAIS E ESCOITAR ESTA NOVA EN RADIO REDONDELA PICANDO AQUÃ

(Fonte: Radio Redondela - Autora: M. X. Queimaliños)

    O arqueólogo Xurxo Constenla confía en que a aula de interpretación da batalla, que se vai construír respectando a estrutura antiga da Fábrica do Alemán, abra as súas portas ao público no prazo dun ano. A Asociación Cultural de Rande e os responsables municipais aceleran as negociacións para adaptar o proxecto inicial aos 1,1 millóns de euros de financiamento comprometidos no Plan Marisma Máis.

LER MAIS E ESCOITAR ESTA NOVA EN RADIO REDONDELA PICANDO AQUÃ

(Fonte: Radio Redondela - Autora: M. X. Queimaliños)

BanerUrbanismoEnRed2011

Validado para Internet Explorer 8 e Mozilla Firefox


Destacados

espacio

Departamentos

LogoXuventude
normalizacion2
LogoWifi LogoNovasTecnoloxias
LogoParticipacion LogoServicios
LogoMedioAmbiente LogoIgualdade
LogoDesenvolvemento Logocolorbiblioteca
divisores

Servizos

bicicletas

axenda

 


W3C W3C